O mandeo: Cada ano leva o seu.
segunda-feira, 28 de maio de 2007
Así decían as nosas aboas cando ocurria unha desgracia no noso río por antonomasia: - O Mandeo cada ano ano leva o seu. A veces, no mesmo ano, marchaba máis dun e de distinto bote. Pero eso non impedía que todos os betanceiros mariñeiros voltasen a coller o remos, cada un co seu "estrobo" onde facer palanca no "tolete" que penetra na "chumbancera" e volta a empezar. As veces, os conflictos teñen unha boa resolución nunha regata de "bucetas". Eu pídome a "Marinita" que sempre foi a máis veloz e estilosa muller que navegóu pola Ponte Vella baixo a sorprendida mirada da nosa "Caramona" cando ainda nela se cobraba a "alcabala". Ainda hoxe, en moitas ocasións, lembro aquelas palabras que con sentido me decía o vello señor José (o concelleiro da dereita republicana). - Rapáz, vota xa o risón.