Ver o mundo dende abaixo

sexta-feira, 29 de junho de 2007

Non hai dúbida que todos estamos acostumados a ver o mundo dende arriba pero as veces é moi sano que, por propia iniciativa, dirixamos a nosa retina a ver como se ve dende abaixo.... E así poderemos xulgar dende perspectivas singulares e únicas.... Esto é o que lle ocurréu ao turista betanceiro agardando subir á Torre Eiffel.... E así, nos podemos disfrutar da beleza e a armonía deste monumento patrimonio da aHumanidade.

Publicado por Benchosei as 17:05 0 comentarios  

Coche a coche, verso a verso

terça-feira, 26 de junho de 2007

Ahí, no arco da ponte vella, sentabámonos baixo a fiestra do barbeiro; o José, o Adolfo,o Toñi, o Suso, o Quique, o Manolo, o Mundo, o Abrodos,o Xavi, o Cesar e o Rafa e xogábamos a "contálos coches"..... O primeiro coche que pasaba era do xogador que empezaba, o segundo coche do segundo xogador e así sucesivamente.....(o xogo arta permitía trocar despois os que tiña cada un coma se fosen cromos)... Cabe decir que naqueles anos poucos vehículos pasaban..... Ainda lembro a estrada a Ferrol empedrada de "adoquin". Manda truco, como cambióu esto...

Publicado por Benchosei as 21:46 0 comentarios  

Así o celebramos

segunda-feira, 25 de junho de 2007

Así celebramos no Lar de Unta o solsticio e, como bos betanceiros, agardamos ata altas hora da noite. cheos de sardiñas, carne á grella e bó viño de Leo. Insuperable o Tinto de Vrao e o tabaco de importación.

Publicado por Benchosei as 12:26 6 comentarios  

Solsticio de Vrao

sexta-feira, 22 de junho de 2007

Comenza a tempada de reinado do Sol.... Unha vez gañada a batalla do frio("a vella ata maio queima o tallo") por fin a futura colleita se desenvolve gratamente.... Aumenta a comida e os días son máis longos.... Os noso antergos, bebendo dunha cultura eminentemente agraría,sabían que este sábado comenzan os días felices de festas e baños (e taméno comenzo da recolleita para pasar outro inverno que sempre chega). Remataron xa por fin os contos da lareira. Nós, hoxe, sabemos de sardiñas e cervexa ao redor dunha lumeira no Casco Antigo... Que ninguen se esqueza de saltar tres veces mentres pide un desexo.

Publicado por Benchosei as 11:35 0 comentarios  

Tempos atribulados

Son estes tempos de tribulacións e cambios e así, acercádonos á Feira Franca Medieval na vila "de las del Rey", non cabe máis que resolver o gran enigma que hoxe debate o "populii" en mercados e tabernas.... ¿ Quen será, dos eleitos rexidores da cidade, o designado para ocupar o posto vacante do noso magnánimo bisco?

Publicado por Benchosei as 11:19 2 comentarios  

A orixe do nome...

sábado, 16 de junho de 2007

Desbotadas polos ligüistas relacións ( do nome de Betanzos) cos Brigantio, brigantia ou Brigantium que apareceron non textos da época romana, hai quen di que este nome que hoxe levo con fachenda viría de "HABITANTIUM" ("Os habitantes, os que habitan), perdida a sílaba inicial. ... Máis ninguen deu aínda unha explicación satisfactoria. ......... Extracto de Betanzos na Historia. Autor Xesús Torres Regueiro.

Publicado por Benchosei as 21:59 1 comentarios  

A nosa Ría

sexta-feira, 15 de junho de 2007

Ata a chegada do ferrocarril a Betanzos a finais do XIX os veleiros de carga chegaban aos nosos portos.................... Ao dos Echeverría na Magdalena para cargar curtidos ou ao do Peirao con madeira, area ou calquer outro artigo de necesidade............... Estes dias recorrin a nosa Ría nun barco de recreo mentres saían do Porto de Sada os pesqueiros de baixura.... Se hoxe a mar impón coa seguridade que ofrece a tecnoloxía é de asombro a valentía dos antigos mariñeiros que dende portos coma o de Betanzos calafateaban ata chegar a Portos britanos ou da bretaña francesa.

Publicado por Benchosei as 16:23 0 comentarios  

eu son "nana" o avestruz do Pasatempo

quarta-feira, 13 de junho de 2007

Solicitéi estas liñas despois de que os xornais de maior difusión me negaran a voz e a palabra e teño que decir que estou agradecida: Por fin podo comunicarlle a todolos brigantinos que estóu ata os ovarios de estar anos e anos encadeada nun espazo que non supera os 8 m2. Agradezo á Plataforma pola miña liberación as xestións realizadas pero non podo seguir así. Necesito liberdade e respeto pero mentres agardo só pido un teito para non soportar a chuvia galega.

Publicado por Benchosei as 23:22 5 comentarios  

O medieval almacen do sal

Aquí podemos apreciar o antigo almacen do sal betanceiro legado dun tempo en que os correxidores Betanceiros eran responsables do comercio e distribución dun artigo de tanta importancia na conservación dos alimentos. Posiblemente o seu emprazamento na Ponte Vella garde moita relación coa necesidade de salgar o peixe para obter unha durabilidade razoable. Hoxe, almacen dunha coñecida empresa betanceira de materiais de construcción.

Publicado por Benchosei as 23:18 0 comentarios  

No pais do Millón de vacas

No país do millón de vacas que calificóu Manolo Rivas pouco nos queda que ir velas a un zoolóxico. Mentres tanto chámanos a atención esta imaxinativa iniciativa recollida na Rúa García Barbón de Vigo. Xa non me sorprende que os nenos contesten á profesora que o leite ven do supermercado (que non da vaca). ¡Por un zoolóxico de animáis domésticos libre e gratuito! . Xa

Publicado por Benchosei as 23:05 0 comentarios  

Inditex no mellor momento

Non me sorprende que Inditex estexa no mellor momento tendo uns artistas do deseño como ten. Moitos deles deseñadores galegos que saben como atopar a folla sensible dun pai ou nai dispostos a mercar. Non cabe dúbida que tódolos pais sabemos que literaturas como esta son verdades inconmensurables polo menos dende a propia consciencia do neno que nos xulga como xigantes.

Publicado por Benchosei as 22:57 3 comentarios  

Mediados do século XV

quinta-feira, 7 de junho de 2007

Pleito Tavera-Fonseca: "Os veciños de dita cidade de Betanzos non ousaban sair da dita cidade a cavar as súas viñas nin a granxear as súas facendas sen sairen dez, quince ou vinte xuntos armados coas súas lanzas e escudos e aínda tiñan espias para ver se viñan a eles alguns dos ditos malfeitores (...) e era fama pública que os ditos ladróns e malfeitores se acollían cos cabaleiros e señores". Esta se que era inseguridade cidadan.

Publicado por Benchosei as 21:38 0 comentarios  

Probablementte o Primeiro Pub de Betanzos

quarta-feira, 6 de junho de 2007

O Pub LASI, hoxe redecorado polo noso amigo Bugarin, foi na sua orixe o máximum da modernidade brigantina naquel tempo en que nacía a minifalda e a música moderna. Agardamos a súa posible reapertura sen que perda un ápice das características que o fixeron famoso.

Publicado por Benchosei as 09:11 1 comentarios  

Exame de principio de Curso

segunda-feira, 4 de junho de 2007

Agora que non sabemos como será a composición do futuro goberno local pode ser un bó momento para poñer unha exame aos próximos munícipes (así non se nos pode acusar de arribistas ou tocapelotas). Dende estas liñas pedimos aos videiros gobernantes que movan 50 centímetros cara o exterior a sinal que días festivos e festas de gardar impide o transito dos sufridos peóns que circulan pola coñecida como Rúa Xulio Perez Salas (xeneral...).

Publicado por Benchosei as 21:37 0 comentarios  

Outro Cubo da antiga Muralla de Betanzos

Ahí, no encontro da Fonte de Unta coa Rúa das Monxas podemos apreciar, fixandonos con detalle, como se perfila un tramo recto e un cubo da nosa antiga muralla... Xusto aos seus pés se situaba o antigo nacimento de auga do "Picho Carolo" (hoxe sería Fonte de Carlos) que hai moitos anos se transladóu enfrente (aproximadamente onde se sitúa a Cervexeiría do Coque) e hoxe é a fonte da Cañota. Este Picho de Auga é o único situado na cidade polo que probablemente nunha orixe estivera situado dentro da "cerca". (así chamada popularmente). Sabemos que a Fonte da Praza do Campo, Sta María e A Ponte Vella son modernas e proveñen todas dunha canalización que cruza Betanzos dende Xan Xiao, no camino de Armea e os Caneiros.

Publicado por Benchosei as 21:24 2 comentarios  

Rosa Casanova ou unha betanceira con 102 anos ben levados

sábado, 2 de junho de 2007

Contaba o médico "D. Manuel" nunha recente entrevista por mor da súa xubilación que cada vez que visitaba a esta señora ela sempre lle decía: - Señor Manuel, perdoe que lle díga que cada vez o vexo máis avellentado. .Claro, esto dito dende o saber que dan os cento dous anos a costas. . Hoxe, un pouquiño malade, dende estas liñas desexámoslle que se recupere en breve para celebrar o San Martiño en compañía da súa familia e achegados.

Publicado por Benchosei as 23:59 0 comentarios  

Xubiladas e simpaticas

Duas institucións betanceiras hoxe adicadas ao paseo e a contemplación despois de anos de vender golosinas e churros dende o seu famoso kiosko. A praza do Campo gañóu un espazo para o uso público pero, tamén é certo, perdéu un dos seu tipismos que a caracterizaban. Lembro de chaval como vendían pitillos soltos mentres a algún lle servían unha copa de guinda para tomar no mostrador. Onde repousará agora a máquina dos churros pois churros igual de sabrosos non voltan a saborearse en Betanzos.

Publicado por Benchosei as 23:44 0 comentarios  

Betanzos, terra de castros (sen excavar)

Así de impresionante se nos mostra o famoso Castro de Viladonga e así podería estar un dos nosos Castros máis coñecidos: O da croa, Castro ou Xanrozo. .Mentres, fagamos o posible por conservar o castro e antecastro nunhas condicións óptimas para a súa excavación futura.

Publicado por Benchosei as 23:28 0 comentarios