As veces prima a fiestra sobre a chimenea.

terça-feira, 25 de setembro de 2007

En Vimianzo, terra de rapa de Bestas e Castelos encantados atopamos ese detalle singular que nos fai lembrar a importancia de cada cousa no seu tempo porque..... seguro que houbo un tempo pasado en que a chimenea pechaba a fiestra....

Publicado por Benchosei as 15:31 1 comentarios  

Das do Rei

Así se mostra o lema da cidade hoxe preservado da demolición da porta principal da vila no apoio da casa da Mercería de "Culuca"..... O Escudo de Castela e León, de Galicia e de Betanzos serviron de coñecemento a todos aqueles que nela entraban dun xeito de vir a decir: Esta está co Rei.

Publicado por Benchosei as 15:26 0 comentarios  

Dalí, ese creador

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Dalí, ese creador que foi quen de imaxinar mundos no arte ata o momento indescifrables.

Publicado por Benchosei as 11:51 0 comentarios  

O Pote do Caldo e a manta da cama...

O Pote do Caldo e a manta da cama... ainda é apreciable na nosa terra....... O da fotografía vive e colea (é o único productor de auga quente da casa) moi cerquiña de Betanzos. Ogallá os 15000 euricos anuais caesen nas máns de quen os require de verdade. Eso si que sería redistribución da propiedade.

Publicado por Benchosei as 11:37 2 comentarios  

Aquí remata todo

sexta-feira, 7 de setembro de 2007

Este é o Kilómetro cero (en realidade dería ter ser considerado o Km derradeiro). Este é o ponto final onde os Homes e mulleres que durante séculos seguiron a serpente de luz (a vía láctea =vía do leite) remataban o seu dificultoso camiño ante as tenebrosas augas da Mar Oceánica. sempre pasando por Santiago a visitar o sepulcro do mártir. Esto é Fisterra o fin do mundo romano.

Publicado por Benchosei as 09:21 0 comentarios  

Unha Fonte de recente construcción

quarta-feira, 5 de setembro de 2007

Un fonte de recente construcción é esta que podemos apreciar no lugar de Teixeiro no vecino concello de Coirós pero moi vinculado ao lecer dos Betanceiros. A obra é "obra" do señor Estrada e temos que decir que nunhos anos acadará categoría de monumento nacional.

Publicado por Benchosei as 07:25 0 comentarios  

A luz, a luz universal de Dalí

quinta-feira, 30 de agosto de 2007

Dalí veu a luz e esta é a luz que veu para situar a súa residencia moi cerquiña da vila de Cadaques..... Absolutamente sen palabras...

Publicado por Benchosei as 19:29 0 comentarios  

Os leóns do PArque Enciclopédico do Pasatempo betanceiro

Todos oimos falas dos dous leons de marmol de Carrara que franqueaban a entrada do Pasatempo. Hoxe, tristemente, atópanse á entrada do Santuario de Covadonga (Asturies) despois dun periclo descoñecido para moitos dos betanceiros.

Publicado por Benchosei as 18:09 0 comentarios  

O Barro está de festa en Oleiros

segunda-feira, 13 de agosto de 2007

Nada menos que 50 alfareiros de toda a Península se deron cita este fin de semana en Sta Cruz de Mera -Oleiros-pata ensinar ás súas propostas de alfareiría tradicional. Un encanto e todo regado polo bó viño e o polvo da AAVV do lugar. Moito betanceiro afeizoado paseando...

Publicado por Benchosei as 19:19 0 comentarios  

As amizades que perduran

sábado, 4 de agosto de 2007

Contra os avatares da vida non hai mellor que ver como as grandes amizades perduran. Un, persoa de influencia e amante do teatro e o outro, unha singularidade en si mesma; pero os dous, grandes amigos dende hai máis de 30 anos. Julio e Frikis: ou a amizade de dous betanceiros esenciais para explicar o futuro de Betanzos.

Publicado por Benchosei as 11:28 0 comentarios  

Comenzan as Festas Patronais

Non hai dúbida que Betanzos é coñecido no mundo polo detalle de "premura", a elevación do Globo e os Caneiros (hoxe, coido que tamén pola Feira Medieval). Nos, dende estas liñas desexamos boas festas en familia e cos amigos a todolos Betanceiros e achegados nestes días.

Publicado por Benchosei as 11:25 0 comentarios  

Que pasada

segunda-feira, 23 de julho de 2007

Así e como atopamos hoxe un vehículo abandoado no Pasatempo. A estética urbana recorda a eses duburbios neoyorquinos que tan afeitos nos tañan as peículas americanas.

Publicado por Benchosei as 15:56 2 comentarios  

Serrat, Sabina, así non se termina.

domingo, 15 de julho de 2007

Así é como un pequeno grupo de asistentes ao Concerto máis agardado do ano protestaban pola suspensión, á causa da chuvia, do Concerto que os dous paxaros daban en Santiago a noite deste pasado sábado. ...A Corporación Caixa Galicia con Palco BIP ao mellor estilo daquela estructura que se levantaba na Praza do Campo o día da elevación do Globo. ... O mellor, as mezclas mutuas de cancións inolvidables. ...A representación Betanceira escasa pero de calidade. Despois cervexa no Saco e no Gales. ....."Llueve, detras de los cristales llueve, sobre los chopos medio desojados llueve. Te podría contar que está quemándose mi últinmo leño en el hogar..." ...Non é mala idea traer a Serrat e Sabina a Betanzos agora que caen do previsto Cartel os Romaldos.

Publicado por Benchosei as 10:55 1 comentarios  

Paco, en posición de descanso

sábado, 14 de julho de 2007

Aquí temos ao noso amigo PACO, en maiúsculas, en posición de descanso antes do gran traballo que desempeñou o pasado fin de de semana..... Non nos queda máis que desexarlle unha pronta recuperación dese pequeño achaque que o mantén indisposto mentres recibe o coidado e os alagos da sua amada Loly.

Publicado por Benchosei as 19:10 2 comentarios  

A T4 sorprende a Europa

A Terminal 4 é o nome que recibe a ampliación do aeroporto de Madrid e temos que decir que quedamos gratamente sorprendidos do seu diseño na busqueda da sinxeleza e organización. Mágoa non poidamos ata o 2035 viaxar a Betanzos nunhas condicións similares de comodidade e rapidez

Publicado por Benchosei as 11:38 0 comentarios  

Grupo de Nais e vecinas bailando na festa da AAVV Rosalía

Non hai dúbida que, máis alá da recuperación "oficial" das nosas tradicións, é necesaria a participación e o compromiso popular nesa recuperación..... Ben mellor se esto é nunha excelente festa como a que organiza tódolos anos a AAVV Rosalía. Na fotografía grupo de Veciñas bailando unha muiñeira.

Publicado por Benchosei as 11:29 1 comentarios  

+ de 57 anos ofrecendo xuventude aos betanceiros

quarta-feira, 11 de julho de 2007

+ de 57 anos leva a froitería BALBINA (na homenaxe á nai do actual titular) servindo froita fresca aos betanceiros. Neses anos veu o comenzo da chegada da laranxa dende Valencia e a do plátano dende Canarias ou mesmo a da nova laranxa Surafricana.... Anteriormente no mesmo emplazamento de situaba a Farmacia de Cortiña de grata lembranza para os betanceiros de máis edade.

Publicado por Benchosei as 22:18 1 comentarios  

Impacto estético ou beleza enerxética

Impacto estético nas nosas serras e outeiros ou beleza enerxética.... Esta é a cuestión e parece que máis depende de como cada un de nós xuzga á enerxía eólica..... Na miña opinión un impacto medioambiental necesariamente asumibel. Na fotografía podemos apreciar a implantación dos Muíños de Vento no Concello de Muras xusto antes de entrar no concello costeiro de Mañón.

Publicado por Benchosei as 18:10 0 comentarios  

Leo, Quique, Isidro, Iosvanni e José

sexta-feira, 6 de julho de 2007

Nun momento de descanso entre traballo e traballo Leo, Quique, Isidro, Iosvanni e José toman unha garimba no Lar de Unta.

Publicado por Benchosei as 08:24 0 comentarios  

Así de explendida é a arquitectura da pedra labrada en Betanzos

Esta fotografía, obtida dende o Arco da Ponte Vella, fálanos de que esto é o primeiro de "dentro da muralla" que os peregrinos do Camiño do Ingles veían ao entrar en Betanzos. Moi duvidoso que á edificación da dereita sexa a máis antiga de Betanzos pero eso non reta valor a unha fachada (que xa non edificación) con características que obrigan á súa conservación.

Publicado por Benchosei as 08:15 1 comentarios  

Os vindeiros 6, 7 e 8 todos a Betanzos na súa Feira Franca

segunda-feira, 2 de julho de 2007

Feira Franca Medieval das de verdade é a que se celebra en Betanzos os vindeiros 6, 7 e 8 do presente mes. Todo o Casco Histórico engalanado para recibir aos visitantes nun arco da vella cheo de artesáns e boas adegas e tascas. Importantísimo asistir con roupa de época e o ánimo preparado.

Publicado por Benchosei as 08:47 1 comentarios  

E como non podía ser menos: - Pasamos polo Lar

Como non podía ser menos non podemos deixar de visitar o local da Asociación Cultural, recreativa, deportiva e gastronómica LAR DE UNTA sito en pleno Casco Histórico. Moita Marcha e boa comida e bebida auns prezos razoables nun espacio absolutamente medieval.

Publicado por Benchosei as 08:39 0 comentarios  

Ver o mundo dende abaixo

sexta-feira, 29 de junho de 2007

Non hai dúbida que todos estamos acostumados a ver o mundo dende arriba pero as veces é moi sano que, por propia iniciativa, dirixamos a nosa retina a ver como se ve dende abaixo.... E así poderemos xulgar dende perspectivas singulares e únicas.... Esto é o que lle ocurréu ao turista betanceiro agardando subir á Torre Eiffel.... E así, nos podemos disfrutar da beleza e a armonía deste monumento patrimonio da aHumanidade.

Publicado por Benchosei as 17:05 0 comentarios  

Coche a coche, verso a verso

terça-feira, 26 de junho de 2007

Ahí, no arco da ponte vella, sentabámonos baixo a fiestra do barbeiro; o José, o Adolfo,o Toñi, o Suso, o Quique, o Manolo, o Mundo, o Abrodos,o Xavi, o Cesar e o Rafa e xogábamos a "contálos coches"..... O primeiro coche que pasaba era do xogador que empezaba, o segundo coche do segundo xogador e así sucesivamente.....(o xogo arta permitía trocar despois os que tiña cada un coma se fosen cromos)... Cabe decir que naqueles anos poucos vehículos pasaban..... Ainda lembro a estrada a Ferrol empedrada de "adoquin". Manda truco, como cambióu esto...

Publicado por Benchosei as 21:46 0 comentarios  

Así o celebramos

segunda-feira, 25 de junho de 2007

Así celebramos no Lar de Unta o solsticio e, como bos betanceiros, agardamos ata altas hora da noite. cheos de sardiñas, carne á grella e bó viño de Leo. Insuperable o Tinto de Vrao e o tabaco de importación.

Publicado por Benchosei as 12:26 6 comentarios  

Solsticio de Vrao

sexta-feira, 22 de junho de 2007

Comenza a tempada de reinado do Sol.... Unha vez gañada a batalla do frio("a vella ata maio queima o tallo") por fin a futura colleita se desenvolve gratamente.... Aumenta a comida e os días son máis longos.... Os noso antergos, bebendo dunha cultura eminentemente agraría,sabían que este sábado comenzan os días felices de festas e baños (e taméno comenzo da recolleita para pasar outro inverno que sempre chega). Remataron xa por fin os contos da lareira. Nós, hoxe, sabemos de sardiñas e cervexa ao redor dunha lumeira no Casco Antigo... Que ninguen se esqueza de saltar tres veces mentres pide un desexo.

Publicado por Benchosei as 11:35 0 comentarios  

Tempos atribulados

Son estes tempos de tribulacións e cambios e así, acercádonos á Feira Franca Medieval na vila "de las del Rey", non cabe máis que resolver o gran enigma que hoxe debate o "populii" en mercados e tabernas.... ¿ Quen será, dos eleitos rexidores da cidade, o designado para ocupar o posto vacante do noso magnánimo bisco?

Publicado por Benchosei as 11:19 2 comentarios  

A orixe do nome...

sábado, 16 de junho de 2007

Desbotadas polos ligüistas relacións ( do nome de Betanzos) cos Brigantio, brigantia ou Brigantium que apareceron non textos da época romana, hai quen di que este nome que hoxe levo con fachenda viría de "HABITANTIUM" ("Os habitantes, os que habitan), perdida a sílaba inicial. ... Máis ninguen deu aínda unha explicación satisfactoria. ......... Extracto de Betanzos na Historia. Autor Xesús Torres Regueiro.

Publicado por Benchosei as 21:59 1 comentarios  

A nosa Ría

sexta-feira, 15 de junho de 2007

Ata a chegada do ferrocarril a Betanzos a finais do XIX os veleiros de carga chegaban aos nosos portos.................... Ao dos Echeverría na Magdalena para cargar curtidos ou ao do Peirao con madeira, area ou calquer outro artigo de necesidade............... Estes dias recorrin a nosa Ría nun barco de recreo mentres saían do Porto de Sada os pesqueiros de baixura.... Se hoxe a mar impón coa seguridade que ofrece a tecnoloxía é de asombro a valentía dos antigos mariñeiros que dende portos coma o de Betanzos calafateaban ata chegar a Portos britanos ou da bretaña francesa.

Publicado por Benchosei as 16:23 0 comentarios  

eu son "nana" o avestruz do Pasatempo

quarta-feira, 13 de junho de 2007

Solicitéi estas liñas despois de que os xornais de maior difusión me negaran a voz e a palabra e teño que decir que estou agradecida: Por fin podo comunicarlle a todolos brigantinos que estóu ata os ovarios de estar anos e anos encadeada nun espazo que non supera os 8 m2. Agradezo á Plataforma pola miña liberación as xestións realizadas pero non podo seguir así. Necesito liberdade e respeto pero mentres agardo só pido un teito para non soportar a chuvia galega.

Publicado por Benchosei as 23:22 5 comentarios  

O medieval almacen do sal

Aquí podemos apreciar o antigo almacen do sal betanceiro legado dun tempo en que os correxidores Betanceiros eran responsables do comercio e distribución dun artigo de tanta importancia na conservación dos alimentos. Posiblemente o seu emprazamento na Ponte Vella garde moita relación coa necesidade de salgar o peixe para obter unha durabilidade razoable. Hoxe, almacen dunha coñecida empresa betanceira de materiais de construcción.

Publicado por Benchosei as 23:18 0 comentarios  

No pais do Millón de vacas

No país do millón de vacas que calificóu Manolo Rivas pouco nos queda que ir velas a un zoolóxico. Mentres tanto chámanos a atención esta imaxinativa iniciativa recollida na Rúa García Barbón de Vigo. Xa non me sorprende que os nenos contesten á profesora que o leite ven do supermercado (que non da vaca). ¡Por un zoolóxico de animáis domésticos libre e gratuito! . Xa

Publicado por Benchosei as 23:05 0 comentarios  

Inditex no mellor momento

Non me sorprende que Inditex estexa no mellor momento tendo uns artistas do deseño como ten. Moitos deles deseñadores galegos que saben como atopar a folla sensible dun pai ou nai dispostos a mercar. Non cabe dúbida que tódolos pais sabemos que literaturas como esta son verdades inconmensurables polo menos dende a propia consciencia do neno que nos xulga como xigantes.

Publicado por Benchosei as 22:57 3 comentarios  

Mediados do século XV

quinta-feira, 7 de junho de 2007

Pleito Tavera-Fonseca: "Os veciños de dita cidade de Betanzos non ousaban sair da dita cidade a cavar as súas viñas nin a granxear as súas facendas sen sairen dez, quince ou vinte xuntos armados coas súas lanzas e escudos e aínda tiñan espias para ver se viñan a eles alguns dos ditos malfeitores (...) e era fama pública que os ditos ladróns e malfeitores se acollían cos cabaleiros e señores". Esta se que era inseguridade cidadan.

Publicado por Benchosei as 21:38 0 comentarios  

Probablementte o Primeiro Pub de Betanzos

quarta-feira, 6 de junho de 2007

O Pub LASI, hoxe redecorado polo noso amigo Bugarin, foi na sua orixe o máximum da modernidade brigantina naquel tempo en que nacía a minifalda e a música moderna. Agardamos a súa posible reapertura sen que perda un ápice das características que o fixeron famoso.

Publicado por Benchosei as 09:11 1 comentarios  

Exame de principio de Curso

segunda-feira, 4 de junho de 2007

Agora que non sabemos como será a composición do futuro goberno local pode ser un bó momento para poñer unha exame aos próximos munícipes (así non se nos pode acusar de arribistas ou tocapelotas). Dende estas liñas pedimos aos videiros gobernantes que movan 50 centímetros cara o exterior a sinal que días festivos e festas de gardar impide o transito dos sufridos peóns que circulan pola coñecida como Rúa Xulio Perez Salas (xeneral...).

Publicado por Benchosei as 21:37 0 comentarios  

Outro Cubo da antiga Muralla de Betanzos

Ahí, no encontro da Fonte de Unta coa Rúa das Monxas podemos apreciar, fixandonos con detalle, como se perfila un tramo recto e un cubo da nosa antiga muralla... Xusto aos seus pés se situaba o antigo nacimento de auga do "Picho Carolo" (hoxe sería Fonte de Carlos) que hai moitos anos se transladóu enfrente (aproximadamente onde se sitúa a Cervexeiría do Coque) e hoxe é a fonte da Cañota. Este Picho de Auga é o único situado na cidade polo que probablemente nunha orixe estivera situado dentro da "cerca". (así chamada popularmente). Sabemos que a Fonte da Praza do Campo, Sta María e A Ponte Vella son modernas e proveñen todas dunha canalización que cruza Betanzos dende Xan Xiao, no camino de Armea e os Caneiros.

Publicado por Benchosei as 21:24 2 comentarios  

Rosa Casanova ou unha betanceira con 102 anos ben levados

sábado, 2 de junho de 2007

Contaba o médico "D. Manuel" nunha recente entrevista por mor da súa xubilación que cada vez que visitaba a esta señora ela sempre lle decía: - Señor Manuel, perdoe que lle díga que cada vez o vexo máis avellentado. .Claro, esto dito dende o saber que dan os cento dous anos a costas. . Hoxe, un pouquiño malade, dende estas liñas desexámoslle que se recupere en breve para celebrar o San Martiño en compañía da súa familia e achegados.

Publicado por Benchosei as 23:59 0 comentarios  

Xubiladas e simpaticas

Duas institucións betanceiras hoxe adicadas ao paseo e a contemplación despois de anos de vender golosinas e churros dende o seu famoso kiosko. A praza do Campo gañóu un espazo para o uso público pero, tamén é certo, perdéu un dos seu tipismos que a caracterizaban. Lembro de chaval como vendían pitillos soltos mentres a algún lle servían unha copa de guinda para tomar no mostrador. Onde repousará agora a máquina dos churros pois churros igual de sabrosos non voltan a saborearse en Betanzos.

Publicado por Benchosei as 23:44 0 comentarios  

Betanzos, terra de castros (sen excavar)

Así de impresionante se nos mostra o famoso Castro de Viladonga e así podería estar un dos nosos Castros máis coñecidos: O da croa, Castro ou Xanrozo. .Mentres, fagamos o posible por conservar o castro e antecastro nunhas condicións óptimas para a súa excavación futura.

Publicado por Benchosei as 23:28 0 comentarios  

O mandeo: Cada ano leva o seu.

segunda-feira, 28 de maio de 2007

Así decían as nosas aboas cando ocurria unha desgracia no noso río por antonomasia: - O Mandeo cada ano ano leva o seu. A veces, no mesmo ano, marchaba máis dun e de distinto bote. Pero eso non impedía que todos os betanceiros mariñeiros voltasen a coller o remos, cada un co seu "estrobo" onde facer palanca no "tolete" que penetra na "chumbancera" e volta a empezar. As veces, os conflictos teñen unha boa resolución nunha regata de "bucetas". Eu pídome a "Marinita" que sempre foi a máis veloz e estilosa muller que navegóu pola Ponte Vella baixo a sorprendida mirada da nosa "Caramona" cando ainda nela se cobraba a "alcabala". Ainda hoxe, en moitas ocasións, lembro aquelas palabras que con sentido me decía o vello señor José (o concelleiro da dereita republicana). - Rapáz, vota xa o risón.

Publicado por Benchosei as 22:34 0 comentarios  

Porto de Portugal ou a nosa raiceira esquencida

quarta-feira, 23 de maio de 2007

Pasear por Porto, cidade nun rapido proceso de modernización, é como lembrar o que poidemos ser e non fumos. A súa Riveira, o seu viño, a azulexada estación do tren, o tranvía, as súas rúas destartaladas e unha lingua patrimonio do galego respetuoso cós seus pais. Tristemente hoxe xa moi influenciada polo turista español (e a televisión española).

Publicado por Benchosei as 22:40 0 comentarios  

Xente do país

Xente do pais de aquí. Honesta, sinxela e profundamente valente. Eso si, se toca estar de festa Toca. Ao terceiro da foto só decirlle que agardamos con ansiedade a súa chegada en datas próximas dende o pais do oriente. En fin, sen palabras: Do mellorciño.

Publicado por Benchosei as 22:30 2 comentarios  

Alí estiven

terça-feira, 22 de maio de 2007

Alí estaba eu. Alí estaba eu a escasos metros de Ismael Serrano, acompañado de persoas de respeto e as que admiro, taradeando moitas das súas cancións. Xa dí o noso refraneiro que "Se toca piano canta lagarta" que para eso estamos. Ambiente un pouco chip para tódalas edades. Inolvidable.

Publicado por Benchosei as 22:50 0 comentarios  

Dende unha calqueira cafetería

Dende o mostrador dunha calquera das nosas cafeterías podemos apreciar o xogo de luz e sobra que envolve a atmósfera betanceira nestes días de finais de maio. Tranquilidade e sensibilidade a que nos transmite esta fotografía que nos fala dun pasar do tempo sen perder a xuventude có pracer de vivir nunha vila galega máis que representante da singularidade do noso país.

Publicado por Benchosei as 22:43 1 comentarios  

Unha moa de muiño agardando o seu final

segunda-feira, 21 de maio de 2007

Nas terras de Caraña, alá en Caraña de Abaixo podemos ver unha pedra de muíño na porta do muíño dos Milia (tamén coñecido como "o do Moreira"). Estas edificacións, a carón do pequeno río de Betanzos, falannos de tempos en que Betanzos tiña fama pola excelente feitura do seu pan nado dunha fariña moida nos muiños de Caraña, Bravío ou Teixeiro.

Publicado por Benchosei as 08:35 0 comentarios  

Vinoteca betanceira.

terça-feira, 15 de maio de 2007

Un local que gracias á calada laboura de MARCIAL acada as máis altas cotas de sublimación. Ambiente tranquilo e con estilo que non esquence un punto tradicional no seu deseño. Dende aquí unha aperta para a señora María, profesional do pincho e a cociña. Un dos poucos espazos betanceiros para catar o viño desexado coa certeza de que estará na adega.

Publicado por Benchosei as 08:36 0 comentarios  

Autenticos Indios Nordeamericanos.

Inusual fotografía dun grupo de música tradicional de indios nordeamericanos actuando na nosa Praza do Campo. Con independencia da supeditación á imperiosa necesidade de gañar diñeiro e comercializar ós seus sons, non cabe dúbida da importancia de dar a coñecer a música tradicional polo mundo adiante. Eu lémbrome daquelas maravillosas películas de sábado siesta có cine do oeste americano dos anos 50 ou 60.

Publicado por Benchosei as 08:30 0 comentarios  

O Viño do País do Fernando da Xerpe

segunda-feira, 7 de maio de 2007

No betanceiro lugar da Xerpe, aos pés do Castro da Croa, onde habitaron probablemente os primeiros mariñáns, no paso da estrada a Velouzás, nunha casa de arquitectura tradicional cun porche de piares circulares e obrigado ramallo de loureiro se sitúa a ADEGA DO FERNANDO, un dos colleiteiros máis xoves do noso Concello cun viño que como el dí - É fillo do cariño có que o traballo. . Para chegar o mellor deixar o carro en Betanzos e subir paseando polo antigo camiño de Caraña.

Publicado por Benchosei as 08:53 0 comentarios  

Banco de traballo da nosa Carpinteiría tradicional de riveira

. . Un obxeto de museo é este banco de traballo dun carpinteiro da nosa riveira. Cós seus aparellos tanto amañaba un moble como reparaba ou construía unha chalana como a que se pode apreciar á dereita da imaxe. . Hoxe descansa moi coidado pola súa propietaria nunha aldea cercana á nosa vila agardando que algunha mán curiosa volva a extraer arte de sí. . Non sei, é posible que fale no Museo das Mariñas na busqueda da súa recuperación para a exposición pública. .

Publicado por Benchosei as 08:23 0 comentarios