O mandeo: Cada ano leva o seu.
segunda-feira, 28 de maio de 2007
Así decían as nosas aboas cando ocurria unha desgracia no noso río por antonomasia: - O Mandeo cada ano ano leva o seu. A veces, no mesmo ano, marchaba máis dun e de distinto bote. Pero eso non impedía que todos os betanceiros mariñeiros voltasen a coller o remos, cada un co seu "estrobo" onde facer palanca no "tolete" que penetra na "chumbancera" e volta a empezar. As veces, os conflictos teñen unha boa resolución nunha regata de "bucetas". Eu pídome a "Marinita" que sempre foi a máis veloz e estilosa muller que navegóu pola Ponte Vella baixo a sorprendida mirada da nosa "Caramona" cando ainda nela se cobraba a "alcabala". Ainda hoxe, en moitas ocasións, lembro aquelas palabras que con sentido me decía o vello señor José (o concelleiro da dereita republicana). - Rapáz, vota xa o risón.
Porto de Portugal ou a nosa raiceira esquencida
quarta-feira, 23 de maio de 2007
Pasear por Porto, cidade nun rapido proceso de modernización, é como lembrar o que poidemos ser e non fumos. A súa Riveira, o seu viño, a azulexada estación do tren, o tranvía, as súas rúas destartaladas e unha lingua patrimonio do galego respetuoso cós seus pais. Tristemente hoxe xa moi influenciada polo turista español (e a televisión española).
Xente do país
Xente do pais de aquí. Honesta, sinxela e profundamente valente. Eso si, se toca estar de festa Toca. Ao terceiro da foto só decirlle que agardamos con ansiedade a súa chegada en datas próximas dende o pais do oriente. En fin, sen palabras: Do mellorciño.
Alí estiven
terça-feira, 22 de maio de 2007
Alí estaba eu. Alí estaba eu a escasos metros de Ismael Serrano, acompañado de persoas de respeto e as que admiro, taradeando moitas das súas cancións. Xa dí o noso refraneiro que "Se toca piano canta lagarta" que para eso estamos. Ambiente un pouco chip para tódalas edades. Inolvidable.
Dende unha calqueira cafetería
Dende o mostrador dunha calquera das nosas cafeterías podemos apreciar o xogo de luz e sobra que envolve a atmósfera betanceira nestes días de finais de maio. Tranquilidade e sensibilidade a que nos transmite esta fotografía que nos fala dun pasar do tempo sen perder a xuventude có pracer de vivir nunha vila galega máis que representante da singularidade do noso país.
Unha moa de muiño agardando o seu final
segunda-feira, 21 de maio de 2007
Nas terras de Caraña, alá en Caraña de Abaixo podemos ver unha pedra de muíño na porta do muíño dos Milia (tamén coñecido como "o do Moreira"). Estas edificacións, a carón do pequeno río de Betanzos, falannos de tempos en que Betanzos tiña fama pola excelente feitura do seu pan nado dunha fariña moida nos muiños de Caraña, Bravío ou Teixeiro.
Vinoteca betanceira.
terça-feira, 15 de maio de 2007
Un local que gracias á calada laboura de MARCIAL acada as máis altas cotas de sublimación. Ambiente tranquilo e con estilo que non esquence un punto tradicional no seu deseño. Dende aquí unha aperta para a señora María, profesional do pincho e a cociña. Un dos poucos espazos betanceiros para catar o viño desexado coa certeza de que estará na adega.
Autenticos Indios Nordeamericanos.
Inusual fotografía dun grupo de música tradicional de indios nordeamericanos actuando na nosa Praza do Campo. Con independencia da supeditación á imperiosa necesidade de gañar diñeiro e comercializar ós seus sons, non cabe dúbida da importancia de dar a coñecer a música tradicional polo mundo adiante. Eu lémbrome daquelas maravillosas películas de sábado siesta có cine do oeste americano dos anos 50 ou 60.
O Viño do País do Fernando da Xerpe
segunda-feira, 7 de maio de 2007
No betanceiro lugar da Xerpe, aos pés do Castro da Croa, onde habitaron probablemente os primeiros mariñáns, no paso da estrada a Velouzás, nunha casa de arquitectura tradicional cun porche de piares circulares e obrigado ramallo de loureiro se sitúa a ADEGA DO FERNANDO, un dos colleiteiros máis xoves do noso Concello cun viño que como el dí - É fillo do cariño có que o traballo. . Para chegar o mellor deixar o carro en Betanzos e subir paseando polo antigo camiño de Caraña.
Banco de traballo da nosa Carpinteiría tradicional de riveira
. . Un obxeto de museo é este banco de traballo dun carpinteiro da nosa riveira. Cós seus aparellos tanto amañaba un moble como reparaba ou construía unha chalana como a que se pode apreciar á dereita da imaxe. . Hoxe descansa moi coidado pola súa propietaria nunha aldea cercana á nosa vila agardando que algunha mán curiosa volva a extraer arte de sí. . Non sei, é posible que fale no Museo das Mariñas na busqueda da súa recuperación para a exposición pública. .