Abertas as Adegas do Noso Viño
sábado, 28 de abril de 2007
Temos abertas varias adegas betanceiras.
.
A Isabel en Caraña ou a chamada "Airiños da Nosa Terra" na Ribeira están á nosa disposición para tomar un bo grolo de viño do país.
.
Na fotografía Emilio e José Cortés, duas xerazóns de colleiteiros locais que nos ofrecen un moi bo viño na adega "Airiños da nosa Terra".
.
Moitos de vos os lembraredes como propietarios da mellor expenduría de queixos de tetilla que tivo Betanzos alá polos anos sesenta e setenta do pasado século naquela casa adosada á porta do Arco da Ponte Vella. Un saudo.
Posiblemento a mellor época do ano para visitar Chelo
Na primavera así de maxestuosa se mostra a paraxe de CHELO (no veciño concello de Coiros).
Eso sí, temos que atrevermos a camiñar polo sendeiro cheo de sinais do tipo "PERIGO: Subida repentina do nivel das augas" (...sic). Esto grazas ás famosas minicentrais tan polémicas que enchen o nosos país.
Unha oportunidade tamén para visitar a "Aula da Natureza" alí situada e relembrar moitas cousas do noso xa esquencido Bacharelato.
Quedanos claro que Moito temos... que non aprezamos.
Xabier o Carpinteiro
sexta-feira, 20 de abril de 2007
Toda unha institución na Riveira e Ponte Vella. Moitos o lembraredes polo seu famoso iate chamado "cachimán", outros pola súa boa laboura na carpinteiría tradicional.
Na realidade un auténtico persoaxe e posiblemente o derradeiro carpinteiro anarquista con gaita do gremio. Un saudo
O monumento aos García Irmáns
Como podedes apreciar na fotografía os nosos famosos benefactores sosteñen a lúa con normalidade marmórea.
Parece que a un irmá lle preguntan por medio do teléfono que sosten onde hai "caridade" e o seu irmá sinala ás antigas Escolas de García Irmáns e ao antigo Asilo.
Hoxe, o seu translado dende o Pasatempo mudou a mensaxe orixinal pois a orientación central na Praza de Campo obrigóu a que sinale ao Pasatempo.
O noso mercado
sábado, 3 de fevereiro de 2007
Así de dinámico se mostra o noso mercado de productos da horta un bó día soleado. Non hai dúbida que pequenos detalles como este son os que nos distinguen como unha das vilas galegas con mellor calidade de vida.
Trovador/a Anónimo.
sábado, 20 de janeiro de 2007
Trovador ou trovadora anónima que nos devolve aos nosos cancioneiros medievais é o que poidemos leer nunha parede da inacabada Nave Comercial do Pasatempo. "Tengo la piel tan suave como los "pexegos" de la Balbina" "La vida es Bella pk yo estoy en ella"
Clases de Cerámica
Clases de Cerámica e Alfareiría a Particulares e Colexíos ou grupos.
MACA HERCE
Taller Pazos.
Pazos, 23 15160 SADA (Galiza)
Maca.Herce@terra.es
Para quen se anime falamos do millorciño como complemento ao estudo ou traballo. Absolutamente absolut traballar o torno. Unha esperiencia sensual...
Amañando unha barcaza.
sexta-feira, 19 de janeiro de 2007
Amañando unha barcaza está o noso amigo Amancio "do Tuvera". Tense que retirar o motor, limpar e soldar e impermeabilizar dende dentro. Despois do traballo vencido podemos ao fin botar na ría.
Este tramo do rio, entre a ponte da vía do tren e a depuradora é absolutamente artificial (non ten máis de 110 anos). Orixinalmente, antes da man do home, o Mendo e o Mandeo se xuntaban no Parque Pablo Iglesias e logo, xa convertido en Ría, se dirixían cara o o Francisco Aguiar e despois xa penetraban no Martín Ballesteros para saír logo pola Cangrexeira.
En Paraty, no Brasil. Unha Betanceira
No brasil temos unha auténtica betanceira rexentando o BAR DO LUCIO, un paraiso da boa comida internacional. Cociña caseira e moita literatura latinoamericana nun dos enclaves primixenios do turismo internacional de élite. Relatos, contacontos, poesía e moita festa, como deben de ser os locais que fan historia.
Un espaÇo de arte, cultura e gastromomía como ela mesma se define...
Unha pequena mostra do arte máis urbano
quarta-feira, 17 de janeiro de 2007
Esto é una pequena mostra de como os nosos chavales afinan cada vez máis a súa técnica grafiteira de modo que en breve xa non envexaran aos metro madrileños. Calidade e Calidade no graffiti betanceiro é o que poidemos apreciar dando un paseo polo Campo de Fútbol novo e Vales Villamarín. Enhoraboa.
Procesion a finais do XIX.
Esta é una das primeiras fotografías que se coñecen da Praza do Campo. Foi realizada a finais do século XIX por Martines Santiso -que debéu de ser un auténtico cachondo- dende algunha fiestra do Cantón ou dende o "hotel" da Rúa Nova.
Chama a atención a fisonomía do Convento de Santo Domingo e edificacións adosadas (fixádevos que ao adro se ascende por unha costa no extremo dereito -as escaleiras actuais son moito máis recentes-). Labradíos e viñedos ocupan o Betanzos Novo.
. Ao fondo as "carrilanas" de cabalos que nos levaban a Infesta ou a Madrid. ( é decir, os taxis da época)
Por suposto o edificio da Torre do Campo non aparece por ser de 1969-1970.
Explendorosa
terça-feira, 16 de janeiro de 2007
Explendorosa a nosa amiga Noelia agardando en estado de "buena esperanza" como decían os galegos decimonónicos.
Todos os bos amigos desexamos recibir esa mensaxe que nos comunique o nacimento dun Vázquez betanceiro. Seguro que será alto coma o pai e guapa coma a nai. Enhoraboa. Amigos.