Xente do país

quarta-feira, 23 de maio de 2007

Xente do pais de aquí. Honesta, sinxela e profundamente valente. Eso si, se toca estar de festa Toca. Ao terceiro da foto só decirlle que agardamos con ansiedade a súa chegada en datas próximas dende o pais do oriente. En fin, sen palabras: Do mellorciño.

Publicado por Benchosei as 22:30 2 comentarios  

Alí estiven

terça-feira, 22 de maio de 2007

Alí estaba eu. Alí estaba eu a escasos metros de Ismael Serrano, acompañado de persoas de respeto e as que admiro, taradeando moitas das súas cancións. Xa dí o noso refraneiro que "Se toca piano canta lagarta" que para eso estamos. Ambiente un pouco chip para tódalas edades. Inolvidable.

Publicado por Benchosei as 22:50 0 comentarios  

Dende unha calqueira cafetería

Dende o mostrador dunha calquera das nosas cafeterías podemos apreciar o xogo de luz e sobra que envolve a atmósfera betanceira nestes días de finais de maio. Tranquilidade e sensibilidade a que nos transmite esta fotografía que nos fala dun pasar do tempo sen perder a xuventude có pracer de vivir nunha vila galega máis que representante da singularidade do noso país.

Publicado por Benchosei as 22:43 1 comentarios  

Unha moa de muiño agardando o seu final

segunda-feira, 21 de maio de 2007

Nas terras de Caraña, alá en Caraña de Abaixo podemos ver unha pedra de muíño na porta do muíño dos Milia (tamén coñecido como "o do Moreira"). Estas edificacións, a carón do pequeno río de Betanzos, falannos de tempos en que Betanzos tiña fama pola excelente feitura do seu pan nado dunha fariña moida nos muiños de Caraña, Bravío ou Teixeiro.

Publicado por Benchosei as 08:35 0 comentarios  

Vinoteca betanceira.

terça-feira, 15 de maio de 2007

Un local que gracias á calada laboura de MARCIAL acada as máis altas cotas de sublimación. Ambiente tranquilo e con estilo que non esquence un punto tradicional no seu deseño. Dende aquí unha aperta para a señora María, profesional do pincho e a cociña. Un dos poucos espazos betanceiros para catar o viño desexado coa certeza de que estará na adega.

Publicado por Benchosei as 08:36 0 comentarios  

Autenticos Indios Nordeamericanos.

Inusual fotografía dun grupo de música tradicional de indios nordeamericanos actuando na nosa Praza do Campo. Con independencia da supeditación á imperiosa necesidade de gañar diñeiro e comercializar ós seus sons, non cabe dúbida da importancia de dar a coñecer a música tradicional polo mundo adiante. Eu lémbrome daquelas maravillosas películas de sábado siesta có cine do oeste americano dos anos 50 ou 60.

Publicado por Benchosei as 08:30 0 comentarios  

O Viño do País do Fernando da Xerpe

segunda-feira, 7 de maio de 2007

No betanceiro lugar da Xerpe, aos pés do Castro da Croa, onde habitaron probablemente os primeiros mariñáns, no paso da estrada a Velouzás, nunha casa de arquitectura tradicional cun porche de piares circulares e obrigado ramallo de loureiro se sitúa a ADEGA DO FERNANDO, un dos colleiteiros máis xoves do noso Concello cun viño que como el dí - É fillo do cariño có que o traballo. . Para chegar o mellor deixar o carro en Betanzos e subir paseando polo antigo camiño de Caraña.

Publicado por Benchosei as 08:53 0 comentarios  

Banco de traballo da nosa Carpinteiría tradicional de riveira

. . Un obxeto de museo é este banco de traballo dun carpinteiro da nosa riveira. Cós seus aparellos tanto amañaba un moble como reparaba ou construía unha chalana como a que se pode apreciar á dereita da imaxe. . Hoxe descansa moi coidado pola súa propietaria nunha aldea cercana á nosa vila agardando que algunha mán curiosa volva a extraer arte de sí. . Non sei, é posible que fale no Museo das Mariñas na busqueda da súa recuperación para a exposición pública. .

Publicado por Benchosei as 08:23 0 comentarios  

Abertas as Adegas do Noso Viño

sábado, 28 de abril de 2007

Temos abertas varias adegas betanceiras. . A Isabel en Caraña ou a chamada "Airiños da Nosa Terra" na Ribeira están á nosa disposición para tomar un bo grolo de viño do país. . Na fotografía Emilio e José Cortés, duas xerazóns de colleiteiros locais que nos ofrecen un moi bo viño na adega "Airiños da nosa Terra". . Moitos de vos os lembraredes como propietarios da mellor expenduría de queixos de tetilla que tivo Betanzos alá polos anos sesenta e setenta do pasado século naquela casa adosada á porta do Arco da Ponte Vella. Un saudo.

Publicado por Benchosei as 09:48 0 comentarios  

Posiblemento a mellor época do ano para visitar Chelo

Na primavera así de maxestuosa se mostra a paraxe de CHELO (no veciño concello de Coiros). Eso sí, temos que atrevermos a camiñar polo sendeiro cheo de sinais do tipo "PERIGO: Subida repentina do nivel das augas" (...sic). Esto grazas ás famosas minicentrais tan polémicas que enchen o nosos país. Unha oportunidade tamén para visitar a "Aula da Natureza" alí situada e relembrar moitas cousas do noso xa esquencido Bacharelato. Quedanos claro que Moito temos... que non aprezamos.

Publicado por Benchosei as 09:31 0 comentarios  

Xabier o Carpinteiro

sexta-feira, 20 de abril de 2007

Toda unha institución na Riveira e Ponte Vella. Moitos o lembraredes polo seu famoso iate chamado "cachimán", outros pola súa boa laboura na carpinteiría tradicional. Na realidade un auténtico persoaxe e posiblemente o derradeiro carpinteiro anarquista con gaita do gremio. Un saudo

Publicado por Benchosei as 18:09 1 comentarios  

O monumento aos García Irmáns

Como podedes apreciar na fotografía os nosos famosos benefactores sosteñen a lúa con normalidade marmórea. Parece que a un irmá lle preguntan por medio do teléfono que sosten onde hai "caridade" e o seu irmá sinala ás antigas Escolas de García Irmáns e ao antigo Asilo. Hoxe, o seu translado dende o Pasatempo mudou a mensaxe orixinal pois a orientación central na Praza de Campo obrigóu a que sinale ao Pasatempo.

Publicado por Benchosei as 17:59 0 comentarios