Trovador/a Anónimo.

sábado, 20 de janeiro de 2007

Trovador ou trovadora anónima que nos devolve aos nosos cancioneiros medievais é o que poidemos leer nunha parede da inacabada Nave Comercial do Pasatempo. "Tengo la piel tan suave como los "pexegos" de la Balbina" "La vida es Bella pk yo estoy en ella"

Publicado por Benchosei as 20:00 0 comentarios  

Clases de Cerámica

Clases de Cerámica e Alfareiría a Particulares e Colexíos ou grupos. MACA HERCE Taller Pazos. Pazos, 23 15160 SADA (Galiza) Maca.Herce@terra.es Para quen se anime falamos do millorciño como complemento ao estudo ou traballo. Absolutamente absolut traballar o torno. Unha esperiencia sensual...

Publicado por Benchosei as 19:49 0 comentarios  

Amañando unha barcaza.

sexta-feira, 19 de janeiro de 2007

Amañando unha barcaza está o noso amigo Amancio "do Tuvera". Tense que retirar o motor, limpar e soldar e impermeabilizar dende dentro. Despois do traballo vencido podemos ao fin botar na ría. Este tramo do rio, entre a ponte da vía do tren e a depuradora é absolutamente artificial (non ten máis de 110 anos). Orixinalmente, antes da man do home, o Mendo e o Mandeo se xuntaban no Parque Pablo Iglesias e logo, xa convertido en Ría, se dirixían cara o o Francisco Aguiar e despois xa penetraban no Martín Ballesteros para saír logo pola Cangrexeira.

Publicado por Benchosei as 23:53 0 comentarios  

En Paraty, no Brasil. Unha Betanceira

No brasil temos unha auténtica betanceira rexentando o BAR DO LUCIO, un paraiso da boa comida internacional. Cociña caseira e moita literatura latinoamericana nun dos enclaves primixenios do turismo internacional de élite. Relatos, contacontos, poesía e moita festa, como deben de ser os locais que fan historia. Un espaÇo de arte, cultura e gastromomía como ela mesma se define...

Publicado por Benchosei as 23:39 0 comentarios  

Unha pequena mostra do arte máis urbano

quarta-feira, 17 de janeiro de 2007

Esto é una pequena mostra de como os nosos chavales afinan cada vez máis a súa técnica grafiteira de modo que en breve xa non envexaran aos metro madrileños. Calidade e Calidade no graffiti betanceiro é o que poidemos apreciar dando un paseo polo Campo de Fútbol novo e Vales Villamarín. Enhoraboa.

Publicado por Benchosei as 23:03 0 comentarios  

Procesion a finais do XIX.

Esta é una das primeiras fotografías que se coñecen da Praza do Campo. Foi realizada a finais do século XIX por Martines Santiso -que debéu de ser un auténtico cachondo- dende algunha fiestra do Cantón ou dende o "hotel" da Rúa Nova. Chama a atención a fisonomía do Convento de Santo Domingo e edificacións adosadas (fixádevos que ao adro se ascende por unha costa no extremo dereito -as escaleiras actuais son moito máis recentes-). Labradíos e viñedos ocupan o Betanzos Novo. . Ao fondo as "carrilanas" de cabalos que nos levaban a Infesta ou a Madrid. ( é decir, os taxis da época) Por suposto o edificio da Torre do Campo non aparece por ser de 1969-1970.

Publicado por Benchosei as 21:57 0 comentarios  

Explendorosa

terça-feira, 16 de janeiro de 2007

Explendorosa a nosa amiga Noelia agardando en estado de "buena esperanza" como decían os galegos decimonónicos. Todos os bos amigos desexamos recibir esa mensaxe que nos comunique o nacimento dun Vázquez betanceiro. Seguro que será alto coma o pai e guapa coma a nai. Enhoraboa. Amigos.

Publicado por Benchosei as 21:44 0 comentarios  

Que grandeza.

domingo, 14 de janeiro de 2007

Así é como o sol se esconde alá por Bergondo nunha tarde calquera pero clara. Os que somos románticos sabemos das súas fuxidas nocturnas recorrendo os pubs e cervexeirías que hai na cara oculta da lúa e que agora non podemos ver. Algún día os voos espaciais demostrarán como a cara oculta da dúa esta chea de chiringuitos de ocio moi parecidos aos de moda aquí. Por certo, alí hai todo o ano unha temperatura moi agradable.

Publicado por Benchosei as 22:23 0 comentarios  

Protocolo de actuación.

sábado, 13 de janeiro de 2007

Esta web ten a pretensión de publicar en positivo. Evidentemente un positivo positivado por "benchosei" e "webmaster"; auténticos alma maters desta idea. Aquí aparececeron e aparecerán ideas, apreciacións e ocurrencias do seu redactor sempre sen pretensión de influir no fluxos sociais betanceiros (para eso xa existen, con máis ou menos acerto, outros espacios). Aquí xurdiron e xurdirán coñecidos e amigos betanceiros de benchosei coma unha homenaxe de cariño e respeto ás súas persoas e aos seus faceres. Quen pretenda xulgar esta páxina con segundas ou terceiras intencións mal terá que lavar a boca con xabrón LAGARTO. Atentamente.

Publicado por Benchosei as 23:29 0 comentarios  

Este ano, por fin tivemos cereixas en Betanzos.

Despois de máis de 15 anos sen cereixas (saían e nunca chegaban a madurar) este ano poidemos ver as cerdeiras betanceiras cheas. Uns din que os paxaros non teñen que comer máis outros botanlle a culpa á esa chimenea que todos vemos no horizonte betanceiro. Non sei, pero que este ano houbo sabrosas cereixas, deso si estou seguro... . Conta a tradición que as castañas (comida base galega ata a chegada da pomme de terre da América alá polo século XVI) e as cereixas caídas nos camiños eran do camiñante, que non do propietario da árbore. Pois Deus, noso señor, así despuxo que caerán no camiño que non na terra privada.

Publicado por Benchosei as 23:05 0 comentarios