Sen palabras
quinta-feira, 7 de agosto de 2008
Cafetería Lanzos ou o sabor do ben feito
Aquí temos a un dos directores do local de entretenimento refereencia da cidade. Fai as delicias dos betanceiros e non betanceiros cos seus postres e, sen dúbida, coa súa tortilla do país. É así que nos teñen engaiolados a todos os paseantes do Casco Histórico. Suso Sanchez Gómez é ademáis de bo hosteleiro o mellor contertulio.
As veces prima a fiestra sobre a chimenea.
terça-feira, 25 de setembro de 2007
En Vimianzo, terra de rapa de Bestas e Castelos encantados atopamos ese detalle singular que nos fai lembrar a importancia de cada cousa no seu tempo porque..... seguro que houbo un tempo pasado en que a chimenea pechaba a fiestra....
Das do Rei
Así se mostra o lema da cidade hoxe preservado da demolición da porta principal da vila no apoio da casa da Mercería de "Culuca"..... O Escudo de Castela e León, de Galicia e de Betanzos serviron de coñecemento a todos aqueles que nela entraban dun xeito de vir a decir: Esta está co Rei.
Dalí, ese creador
quarta-feira, 12 de setembro de 2007
O Pote do Caldo e a manta da cama...
O Pote do Caldo e a manta da cama... ainda é apreciable na nosa terra....... O da fotografía vive e colea (é o único productor de auga quente da casa) moi cerquiña de Betanzos. Ogallá os 15000 euricos anuais caesen nas máns de quen os require de verdade. Eso si que sería redistribución da propiedade.
Aquí remata todo
sexta-feira, 7 de setembro de 2007
Este é o Kilómetro cero (en realidade dería ter ser considerado o Km derradeiro). Este é o ponto final onde os Homes e mulleres que durante séculos seguiron a serpente de luz (a vía láctea =vía do leite) remataban o seu dificultoso camiño ante as tenebrosas augas da Mar Oceánica. sempre pasando por Santiago a visitar o sepulcro do mártir. Esto é Fisterra o fin do mundo romano.
Unha Fonte de recente construcción
quarta-feira, 5 de setembro de 2007
Un fonte de recente construcción é esta que podemos apreciar no lugar de Teixeiro no vecino concello de Coirós pero moi vinculado ao lecer dos Betanceiros. A obra é "obra" do señor Estrada e temos que decir que nunhos anos acadará categoría de monumento nacional.
A luz, a luz universal de Dalí
quinta-feira, 30 de agosto de 2007
Dalí veu a luz e esta é a luz que veu para situar a súa residencia moi cerquiña da vila de Cadaques..... Absolutamente sen palabras...
Os leóns do PArque Enciclopédico do Pasatempo betanceiro
Todos oimos falas dos dous leons de marmol de Carrara que franqueaban a entrada do Pasatempo. Hoxe, tristemente, atópanse á entrada do Santuario de Covadonga (Asturies) despois dun periclo descoñecido para moitos dos betanceiros.
O Barro está de festa en Oleiros
segunda-feira, 13 de agosto de 2007
Nada menos que 50 alfareiros de toda a Península se deron cita este fin de semana en Sta Cruz de Mera -Oleiros-pata ensinar ás súas propostas de alfareiría tradicional. Un encanto e todo regado polo bó viño e o polvo da AAVV do lugar. Moito betanceiro afeizoado paseando...
As amizades que perduran
sábado, 4 de agosto de 2007
Contra os avatares da vida non hai mellor que ver como as grandes amizades perduran. Un, persoa de influencia e amante do teatro e o outro, unha singularidade en si mesma; pero os dous, grandes amigos dende hai máis de 30 anos. Julio e Frikis: ou a amizade de dous betanceiros esenciais para explicar o futuro de Betanzos.