tag:blogger.com,1999:blog-7327068432195412266.post7573690106438269422..comments2007-08-04T11:17:37.539+01:00Comments on Xentalla betanceira: Que pasadaBenchoseihttp://www.blogger.com/profile/18430452423496644471noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-7327068432195412266.post-60600171424702407272007-08-03T12:50:00.000+01:002007-08-03T12:50:00.000+01:00PPdeG e PSdeG enfadan con Encarna Otero por rexeit...PPdeG e PSdeG enfadan con Encarna Otero por rexeitar o complemento ao soldo dos altos cargos
"Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis", opinou o secretario de Organización do PSdeG e conselleiro de Traballo. Encarna Otero propuxera en Vieiros a "insumisión" económica contra o privilexio concedido aos altos cargos da Xunta.

Redacción - 09:30 03/08/2007
Tags: altos cargos Encarna Otero soldos
"Cando eu, como funcionaria pública volva ao meu traballo como docente quero ser igual en dereitos e deberes que os compañeiros e compañeiras que traballan comigo no centro de ensino onde teño o meu destino, e xunto con eles e elass ser quen de reclamar se é preciso que a administración nos retribúa e considere o noso traballo coa dignidade da que somos merecentes; calquera outra situación sería privilexio e polo tanto mal uso do diñeiro público e contrario a práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública".

Así o expoñía este mércores en Vieiros a actual Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda. Referíase Encarna Otero á reforma da lei de Función Pública e a polémica disposición adicional 17, que fixa un gorentoso complemento salarial para os altos cargos por unha cantidade de 14.721 euros até a xubilación. Malia que ela mesma se podería ver beneficiada por eses cartos no seu momento, subliña no artigo o seu desacordo con ese privilexio e pídelle ao resto de altos cargos da Xunta que fagan presión contra a norma. Así, Encarna Otero propón mesmo a "insubmisión" económica como "criterio ético", opinando que só así Galiza e o seu Goberno poden ser exemplo de "ética rexenerativa".

Populares e socialistas anoxan
O posicionamento de Encarna Otero acendeu xa as primeiras críticas no ámbito das formacións políticas. O secretario de Organización do PSdeG, e tamén Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, considerou que "non foron as manifestacións máis afortunadas" de Otero e limitouse a sentenciar que desobedecer unha lei "é delito".

Desde o PPdeG, que apoiou e emendou especificamente a reforma lexislativa que amarra ese incremento salarial para os que foron altos cargos durante os sucesivos gobernos populares, tamén houbo pronunciamento este xoves. Así, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, desviou o desafío de Otero e limitouse a recomendarlle ao bipartito que "a austeridade ten que iniciarse noutros lados", citando o que cualificou de exceso de asesores en Vicepresidencia ou a compra en Presidencia dun coche por valor de 250 mil euros.

Nos dous casos, tanto socialistas como populares evitaron referirse ás implicacións éticas sobre as que desafía Encarna Otero no seu artigo en Vieiros.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7327068432195412266.post-29667430678398731702007-07-26T01:41:00.000+01:002007-07-26T01:41:00.000+01:00viva o día da patria!viva o día da patria!como pasa o temponoreply@blogger.com